25-N Presentamos a Guía de recursos da comarca do Eume fronte á violencia de xénero

A violencia contra as mulleres constitúese como unha das maiores lacras da nosa sociedade e configura a maior expresión de dominación e discriminación contra as mulleres. A violencia contra as mulleres non só é a que se produce no marco da parella, senón que se unha muller é acosada pola rúa ou se é agredida sexualmente, tamén é violencia. Ademais, a violencia non só é física, de xeito que comportamentos como as ameazas, o illamento, os berros e insultos, o control do diñeiro ou as agresións físicas e psicolóxicas supoñen formas de violencia contra as mulleres.

Con esta Guía de Recursos pretendemo achegar á poboación da Comarca do Eume aos recursos que se atopan dispoñibles na súa contorna para combater as violencias contra as mulleres. Estes dispositivos poderán prestar información, asesoramento e apoio social, psicolóxico e xurídico tanto ás mulleres que sofren violencia, como ás familias ou ás persoas coñecedoras dunha situación deste tipo.

Neste documento recolleranse aqueles servizos aos que a ciudadanía pode acceder de xeito directo, sen necesidade de derivación a través doutros recursos, nin de interpoñer unha denuncia por violencia de xénero. Estes servizos pretenden garantir os dereitos que a Lei 1/2004 de medidas de protección integral contra la violencia de género lle recoñece a todas as mulleres que sofren violencia de xénero: o dereito á información, á asistencia social integral e á asistencia xurídica gratuita.

Guia recursos Eume contra violencia xénero [+]