“Saberes pasados para tempos presentes”

O vindeiro 20 de maio, no Museo Etnográfico da Capela, celebrarase a xornada “Saberes pasados para tempos presentes”, unha xornada para coñecer o Museo e os saberes tradicionais, reflexionar sobre o modelo de consumo da nosa sociedade e para festexar que temos xente no noso entorno que está a traballar por un futuro máis sostible. Está xornada, organizado polo Museo Etnográfico en colaboración coa Asociación Euroeume, conta co financiamento dos fondos do IRPF da Xunta de Galicia.

A xornada comezará ás 16.00 horas, cunha pequena andaina pola ruta “Máis aló dos Eidos”, nas proximidades da Casa do Museo. A partires das 18.00 horas teremos un faladoiro con Begoña de Bernardo, do Centro para a resiliencia Pousadoira e da Asociación Véspera de Nada. Mentres os maiores participan neste faladoiro as crianzas terán actividades paralelas.

Para rematar a xornada, ás 19.30 horas teremos o concerto “Mavi”, un espectáculo sobre o cruce de culturas e dos espazos temporais. No concerto escoitaresmos un repertorio de músicas populares de diversas procedencias: Exipto, Albania, Macedonia, Turquía, Grecia e moitos máis.

Para participar na xorna é necesaria a preinscrición, posto que a Casa do Museo ten un espazo limitado. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través dos correos electrónicos euroeume@euroeume.org e info@museoacapela.gal.