Peche do ciclo “Conversas Enraizadas”

O ciclo de “Conversas Enraizadas” chega ao seu fin por este ano. O pasado venres, 14 de outubro celebrouse a cuarta e última sesión do proxecto na Casa Dopeso, do concello de As Pontes. Máis de 40 persoas participaron na posta en común e a elaboración das conclusión do proxecto, centradas nas tres áreas temáticas do proxecto: Soberanía Alimentaria, Custodia do Territorio e Coidados e Comunidade.

Enraizadas é un proxecto de EuroEume para a visibilización das achegas das mulleres vinculadas co sector primario na comarca e a divulgación dos valores ecofeministas, que se pode levar a cabo grazas á concesión das axudas de igualdade da Deputación da Coruña, que tiña como obxectivos visibilizar as achegas e proxectos das mulleres do sector primario das comarcas do Eume e Ortegal; Espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, a soberanía alimentaria e o consumo consciente; e Tecer rede no territorio entre as persoas que traballan ou teñen interese neste eido.

O ciclo de conversas foi concibido como unha oportunidade para dar continuidade á campaña 2021 e seguir afondando nos valores do ecofeminismo en espazos de diálogo de calidade. Con estes espazos buscábase xerar espazos de formación e diálogo, combinando nas persoas convidadas un perfíl máis vinculado coa práctica, da comarca, a través dalgunhas das protagonistas da edición anterior; e outro máis vencellado á teoría, a investigación ou o activismo a escala galega.

As conclusións do proxecto as podedes ver neste documento:

Xa estamos a preparar o proxecto para o ano 2023, no que a idea e continuar a traballar nestas áreas e cos mesmos obxectivos de visibilizar o traballo feminino en cada unha das áreas do proxecto, co traballo cos centros escolares e coa poboación en xeral.