“Coñecendo os nosos Ríos” no rego do Candedo, Monfero

O pasado sábado 25 de Setembro fixemos a actividade “Coñecendo os noso ríos” en colaboración coa asociación Rural Contemporanea. Nesta ocasión fixemos a primeira inspección do Rego do Candedo, afluente do Río Baxoi, ao seu paso pola parroquia de Vilachá, no concello de Monfero.

A pesar dunha meteoroloxía que ameazaba con choivas persistentes, un total de 12 familias participaron nesta actividade, enmarcado no programa “O Noso Espazo”, financiado pola Consellería de Política Social ao abeiro das axudas do 0,7% do IRPF para proxectos de interese social.

Aquí vos deixamos un video, elaborado polos compañeiros de Rural C, que ilustra perfectamente en que consistiu a xornada :

Durante a xornada as familias participantes coñeceron a importancia e as características das fragas de ribeira e dos cursos fluviais que atravesan o noso territorio, realizándose diversas medicións e analíticas da auga, identificouse a fauna e flora da contorna do río, e explicáronse os diversos elementos patrimoniais situados no entorno dos cauces fluviais.

Estas actividades de educación e sensibilización ambiental encádranse dentro do Proxecto Ríos de ADEGA. Na actualidade Euroeume está a facer este tipo de actividades no Rego do Candedo (Monfero) e no Río Sesín (A Capela), coa organización de dúas xornadas anuais en cada un deles, corresopondentes ás inspeccións de primaveira e outono.