Xornada de Voluntariado
O próximo venres 30 de maio, ás 18:00h., en Foremdes (Pontedeume) teremos unha formación en voluntariado básico.
Nesta xornada abordaranse contidos básicos sobre o voluntariado: introdución, que é, dereitos e obrigas e outros aspectos xerais. Así mesmo, de forma específica afondarase nas diferentes áreas, tipos e actividades de voluntariado dentro dos programas da Asociación Euroeume.
Esta actividade é aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas. Se te interesa o voluntariado, queres formarte ou ter máis información, non dubides en anotarte!
Agradecemos a vosa participación!



