Voluntariado Interxeneracional

Buscamos persoas voluntarias para noso Proxecto Raíces de voluntariado interxeneracional.

O proxecto Raíces pretende crear oportunidades de interacción e participación social nas zonas rurais, a través de accións de voluntariado.
Consiste en que parellas voluntarias, conformadas por unha persoa de 18 a 35 anos e outra de máis de 55 anos, podan acudir aos fogares ou ambientes próximos das persoas maiores das zonas rurais da comarca que se atopen nunha situación de soidade non desexada e/ou teñan unha historia de vida de interese para o programa. A finalidade do proxecto é crear encontros entre as persoas voluntarias e as persoas maiores creando espazos de conversas e acompañamento, estas conversas e historias de vida serán recollidas a través de recursos tecnolóxicos, para que posteriormente as voluntarias poidan crear contidos dixitais para a súa difusión. Estas accións buscan promover o desexo de coñecer, conservar e transmitir a riqueza cultural, social e patrimonial da comunidade, e o achegamento das persoas novas ao mundo rural. Por outra banda, é unha oportunidade de crear un recurso centrado nos coidados coa innovación das novas tecnoloxías.

As accións voluntarias se desenvolveran na Comarca do Eume, nos concellos de Monfero, Pontedeume, Cabanas, A Capela e As Pontes.

Inscribete na web ou en terapiaocupacional@euroeume.org

 

“Programa financiado ao abeiro das axudas destinadas a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeneracional no medio rural vinculados co proxecto piloto talento interxeneracional, xestionado pola CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE”