Voluntariado ambiental: Limpeza en Breamo
O sábado, 1 de outubro, realizarase unha actividade de voluntariado ambiental para a
recollida de lixo no entorno da igrexa de Breamo co obxectivo de limpar os residuos deixados
tras a celebración da tradicional Romaría de San Migue de Breamo.
O concello de Pontedeume, en colaboración coa Asociación Euroeume realizarán a
coordinación da limpeza a Asociación. O punto de encontro será o aparcamento da igrexa ás
10.30 horas, coa previsión de rematar a limpeza sobre as 13.00 horas. O concello de
Pontedeume facilitará os contedores para depositar os residuos e contarase coa presenza de
Protección Civil como elemento de prevención e seguridade para as persoas voluntarias.
Euroeume pola súa banda facilitará os materiais de seguridade e funxibles para facer esta
recollida de residuos.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o venres ás 21.00 horas para
inscribirse. A inscrición pódese formalizar enviando un correo electrónico a
euroeume@euroeume.org , indicando o seu nome completo e DNI. As persoas voluntarias
serán agasalladas cunhas camisolas do Mosteiro de Caaveiro e un exemplar do libro de
fotografías de “Pegadas”, de Vari Caramés.
Voluntariado Ambiental:
Esta actividade enmárcase no programa de Voluntariado Ambiental da asociación
Euroeume, que ten a finalidade promover o voluntariado, de concienciar á poboación no
referente á xestión dos residuos e sobre a importancia de manter os espazos naturais e
patrimoniais do territorio. Como todas as actividades de voluntariado organizadas por
Euroeume contarase cun seguro para as persoas voluntarias .