A soberanía alimentaria é o dereito dos pobos a definir as súas políricas agrícolas e alimentarias, priorizando a produción local e sostible para garantir o acceso a alimentos nutriticos e culturalmente axeitados, respetando a diversidade dos seus sistemas alimentarios. Céntrase no control local sobre a produción, distribución e consumo de alimentos, empoderando ás comunidades para tomar decisións sobre os seus sistemas alimentarios.
En Euroeume traballamos para fomentar a produción e comercialización de produtos alimentarios locais e o fomento dun Sistema Alimentario Sostible e Local.
Nesta área inclúense actividades como:
- Creación de hortos e composteiros escolares, para fomentar o coñecemento da produción agraria de alimentos cunha perspectiva agroecolóxica no que priorizamos o uso e coñecemento das variedades autóctonas por parte do alumnado dos catro centros escolares nos que estamos a desenvolver o proxecto.
- Fomento da rede de ecocomedores nos comedores escolares dos centros educativos que teñen cociña no centro.
- Fomento da creación dunha rede de intercambio de sementes na comarca.
- Coñecemento e utilización das plantas silvestres comestibles.
- Colaboración coa AVV Monte Forgoselo na xestión do Couto Micolóxico do Monte Forgoselo.





