Premio “Enraizadas” de investigación sobre ecofeminismo e Soberanía Alimentaria

No ano 2023 o proxecto “Enraizadas 2023” vaise centrar nunha das áreas de traballo do ano 2022: A soberanía alimentaria vista desde unha perspectiva ecofeminista.

Unha das problemáticas detectadas durante a edición do ano 2022 era a escaseza de traballos académicos relacionados con este tipo de temáticas. Por este motivo, e traballando en colaboración co Museo Etnográfico de A Capela, decidiuse que unha das actividades do programa do ano 2023 sería a convocatoria do premio accesit “Enraizadas”, dentro dos premios “Ferro Caaveiro” de investigación etnográfica e patrimonial, que anualmente convoca o Museo Etnográfico. O obxectivo que se busca con este premio, que ten unha dotación económica de 300 €, é fomentar a investigación e presenza de texto escrito sobre a contribución histórica das mulleres ao patrimonio da nosa comarca, contribuíndo ao coñecemento e difusión da historia das mulleres neste ámbito territorial, historicamente excluídas do relato histórico e da memoria oficial. O premio está incluido dentro do proxecto de Enraizadas 2023, que conta con financiamento das axudas de igualdade da Deputación da Coruña.

Aqui vos deixamos as bases do premio. O prazo de presentacións dos  traballos remata o 25 de setembro de 2023 e a resolución do premio farase público o 11 de outubro do 2023. Os traballos versarán sobre o rol histórico e a incidencia do traballo das mulleres no ámbito da soberanía alimentaria: conservación do patrimonio natural e histórico alimentario, agrario e pesqueiro, a trasformación de produtos do sector primario, a conservación de variedades e especies autóctonas, etc