PREMIO de Investigación “ENRAIZADAS” 2026

ORGANIZAN E CONVOCAN: Asociación Euroeume | Museo Etnográfico da Capela
ÁREA TEMÁTICA: Investigación e divulgación da contribución histórica ao patrimonio cultural das mulleres na Comarca do Eume.
BASES REGULADORAS DO CONCURSO:
OBXECTO:
-
O Premio de Investigación Enraizadas 2026, ten por obxecto fomentar a investigación, creación e difusión de estudos rigorosos e innovadores sobre a historia, cultura e as aportacións históricas das mulleres nos territorios que conforman a Comarca do Eume.
-
Poderán participar cantas investigadoras e investigadores queiran cunha idade mínima de 16 anos de idade en adiante, de calquera nacionalidade, e de xeito individual ou colectivo, sempre que as obras sexan inéditas, estean redactadas en lingua galega, cunha linguaxe inclusiva e non sexista, e que non fosen premiadas noutros certames nin publicadas e difundidas na súa totalidade en ningún outro soporte. Cada persoa ou grupo de persoas poderán presentar un só traballo ou unha soa investigación.
-
No que atinxe ás persoas participantes menores de idade, deberán incluír, xunto coas obras inéditas, a autorización expresa da persoa maior de idade ao seu cargo. O tratamento de datos persoais de menores está suxeito á normativa vixente de Protección de Datos, limitando a súa publicación se non se conta con dito consentimento, puidendo non optar ao premio. De igual xeito, o premio cobrarase a través da persoa representante legal das e dos participantes que sexan menores de idade.
-
A extensión dos traballos atende a un mínimo de 10 páxinas númeradas correlativamente, incluíndo as notas, apéndices e ilustracións. O esquema de redacción deberá atender, en orde, a: título, índice, texto principal, bibliografía e anexos. A tipografía empregada deberá ser Arial, cun tamaño 12 da fonte. A redacción coidará que as marxes figuren a ámbos lados e cun espaciado de 1.5 puntos.
-
Os traballos deberán ser enviados en orixinal e en formato PDF por correo certificado ao Museo Etnográfico de A Capela (O Pazo s/n, 15630, A Capela). No interior do sobre pechado, deberá figurar outro sobre pechado que conterá no seu interior o nome e os apelidos da(s) autora(s) ou autor(es) da obra, así como o seu enderezo e número de teléfono para posibilitar o contacto. Non se atenderá aos traballos enviados por correo electrónico.
PREMIO:
-
Establécese un premio dotado cunha coantía única de 300 euros (suxeitos ás retencións vixentes do IRPF), á persoa investigadora ou grupo de persoas investigadoras que figuren como autoras e/ou autores da obra galardonada. Así como a publicación da obra premiada -en formato papel- na revista “O Retorno”, editada pola Asociación “Patronato do Museo etnográfico da Capela”.
-
Outorgaráse un Diploma Oficial de Recoñecemento, emitido pola Asociación Euroeume, no marco do “Premio de Investigación Enraizadas 2026” á persoa ou grupo de persoas que consigan acadalo.
-
O Xurado poderá conceder un accesit ou mención honorífica a proxectos de especial calidade ou orixinalidade para poder ser difundidos publicamente nas “XXI Xornadas Museísticas” organizadas polo “Patronato do Museo Etnográfico da Capela”.
TEMÁTICAS:
As temáticas poderán versar sobre calquera das seguintes liñas, ou combinación das mesmas, sempre e cando se desenvolvan arredor da figura da muller incidindo no ámbito da conservación do patrimonio cultural, inmaterial, natural e histórico:
-
Gastronomía e Soberanía Alimentaria: Receitas tradicionais, procesos culinarios, transformación de alimentos, reaproveitamento, cultivo, redes de intercambio, etc.
-
Romarías e Tradicións Populares: Participación das mulleres en troulas e eventos comunitarios, transmisión músical, baile, espazos simbólicos, etc.
-
Moda e Cultura Téxtil: Procesos de fiado (lá, liño, fibras tradicionais…), saberes colectivos sobre o oficio da costura e confeción textil, identidade cultural, indumentaria popular e tradicional, etc.
-
Memoria Colectiva e Revolucións: Cambios sociais promovidos polas mulleres, resistencias e transformacións que tiveron impacto social e non son recoñecidas oficialmente, historia social das mulleres do territorio, relatos orais, etc.
-
Participación Comunitaria e Liderazgo: Empoderamento das mulleres, ecofeminismo, análise de movementos feministas locais ou históricos, xustiza social, transformación de roles de xénero, igualdade de xénero, etc.
-
Rituais vencellados á Cultura Funeraria: Papel da muller na tradición asociada á morte, simboloxía, obxectos vencellados ao rito, continuidade interxeracional, coidados e preparacións do enterro, loitos, cohesión comunitaria, etc
-
Calquera temática que se basee na recoleción histórica de saberes e conservación patrimonial vencellada ás mulleres e a súa importancia a nivel social, laboral, político, comunitario, etc.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación remata o 13 de setembro de 2026.
A resolución do xurado darase a coñecer o 5 de outubro de 2026
XURADO E RESOLUCIÓN DO CONCURSO:
-
As persoas que conforman o xurado, resolverán sobre todas as candidaturas presentadas, emitindo a súa decisión, que será inapelable e darase a coñecer a través da Secretaría da Asociación por vía telefónica. Igualmente, se decide outogar o accesit, a comunicación se dará de igual xeito.
-
O premio poderá ser declarado deserto, se ao criterio das persoas do Xurado, as candidaturas recibidas non reúnen os méritos necesarios para facerse acredoras do galardón. De igual xeito, se a persoa ou persoas galardonadas renuncian ao Premio concedido, éste poderá ser adxudicado a outra candidatura.
-
A participación nesta convocatoria implica a total aceptación das condicións das presentes bases.


