Poñemos en marcha o programa de Apoio Escolar no Concello de Pontedeume

Euroeume, en colaboración co concello de Pontedeume, iniciou esta semana, o programa de apoio escolar para crianzas procedentes de familias en situación de vulnerabilidade. Esta iniciativa, que nace con vocación de continuidade para dar resposta ás necesidades escolares das crianzas de Pontedeume, desenvolverase ao longo do curso escolar 2021-2022, no centro de maiores do concello de Pontedeume. Este programa nace grazas ás diversas reunións mantidas cos departamentos de Educación e Servizos Sociais do concello de Pontedeume e coscentros educativos da vila, para o deseño da candidatura de Euroeume para as axudas do 0.7% IRPF da Xunta de Galicia.

As sesións realizaranse os martes e venres en horario de tarde e estarán destinadas ao alumnado que teña algunhna necesidade educativa detectada polos equipos educativos dos centros, valorándose especialmente a situación económica familiar, priorizándose as familias que se atopen en situacións de vulnerabilidade. A preselección do alumnado participante parte da xestión dos propios centros educativos coas familias do alumnado e da valoración coordinada por parte do profesorado e do persoal da Asociación Euroeume.

Nas sesiones preténdese poñer en práctica diferentes técnicas de estudio que axuden na planificación, así como a lectura comprensiva, a análise e síntese da información principal ou a concentración e memorización. O obxectivo O obxectivo deste programa é desenvolver estratexias de estudio personais, a través de diferentes metodoloxías.

Este programa lévase a cabo grazas á financiación obtida por Euroeume, no marco da Agrupación de Entidades Terra e Xente, na convocatoria de axudas dos programas de fins sociais financiados con cargo á asignación tributaria do 0,7% da consellería de Política Social da Xunta de Galicia.