Participamos na xornada “Envellecer con Futuro”
O pasado xoves 29 de xaneiro tivemos o pracer de participar na xornada “Envellecer con Futuro”, organizada pola Asociación Pascual Veiga e FADEMGA. Unha charla coloquio sobre a dignidade das persoas maiores con discapacidade intelectual.
Unha xornada de portas abiertas para o público que se centrou na necesidade de garantir a dignidade, a autonomía e apoios axeitados no proceso de envellecemento.
A terapeuta ocupacional da nosa asociación, estivo falando sobre ferramentas de apoio para facilitar a vida no fogar e mobilizacións seguras, co obxectivo de achegar e coñecer o amplo mercado de produtos de apoio dispoñibles para facilitar a autonomía das persoas maiores e os coidados das persoas coidadoras.
Foi un verdadeiro pracer formar parte desta xornada.
Aquí podedes atopar máis información: ENLACE



