Obradoiro de Modelado e impresión 3D en familia.

Actividade para nenos e nenas de 8 a 14 anos co seu pai ou nai.

O obradoiro realizarase os días 25 e 26 de agosto en Amigus Labs, Praza do Hospital 14, As Pontes.

Este curso de Introdución á impresión 3D oriéntase a principiantes que non están familiarizados coa Impresión 3D, e/ou estudantes que queren introducirse nesta tecnoloxía. Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar.

– Iniciación ao deseño 3D con Tinkercad.

– Modelado da súa propia peza 3D.

– Iniciación á Impresión 3D.

– Do diseño á peza impresa.

– Laminar as pezas para imprimilas con Cura.

– Problemas de impresión 3D.

 

Durante o obradoiro haberá na aula varias impresoras de deposición de plástico como ferramenta de aprendizaxe e como ferramenta de fabricación das pezas que sexa preciso/posible no tempo do obradoiro.

As pezas creadas polas alumnas imprimiranse en Amigus Labs e entregaranse durante o día 28 de agosto en horario de 10:30 a 13:00.

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera nos emails amigus@amigus.org ou euroeume@euroeume.org.

Actividade enmarcada no Programa O Noso Espazo, da Asociación Euroeume, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF