O Concello de Monfero e Euroeume poñen en marcha actividades de envellecemento activo

Euroeume desenvolverá no concello de Monfero unha actividade de estimulación cognitiva no marco do Programa Aldeas Activas. Con esta actividade, dirixida a persoas maiores de 50 anos, pretendese favorecer o envellecemento activo da pobolación do concello.

Neste programa traballaranse, a través do ocio e de metodoloxías dinámicas e participativas, cuestións relacionadas co fortalecemento da memoria, a atención ou a concentración, e aproveitarase para recompilar os coñecementos sobre as actividades e os saberes tradicionais dos maiores do concello de Monfero As actividades comezarán no mes de outubro e estenderanse ata o mes de xuño, en sesións de unha hora semanal que se celebrarán os xoves pola tarde na Cámara Agraria de Monfero.

Aldeas activas é un programa da asociación Euroeume financiado pola Consellería de Política Social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% del IRPF destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social e  ten como fin a realización de accións de dinamización comunitaria dirixidas a persoas maiores que favorezan o seu benestar físico e cognitivo.

A execución lévase a cabo en colaboración cos concellos e o tecido asociativo da comarca, polo que as entidades interesadas en vincularse ao mesmo poderán contactar a través de euroeume@euroeume.org.