Mes de xuño de andainas co “Roteiro Entre Castelos”
Durante os domingos do mes de xuño, en colaboración co Museo Etnográfico de A Capela, realizaremos o Roteiro Entre Castelos, que se realizará en catro etapas, partindo dende o Castelo de Andrade (Nogueirosa) e rematando o Castelo de Moeche
É necesario facer unha inscrición previa, que pode ser para unha etapa ou para as catro. Haberá un autobús para realizar os desprazamentos entre o punto de inicio ou final e o lugar no que deixaremos os vehículos particulares.
O autobús para facer os desprazamentos será gratuíto. No remate de cada andaina está previsto facer vistas interpretadas aos elementos patrimoniais do territorio (para aquelas persoas que o desexen). O prezo das entradas destas visitas correrá por cargo das persoas que participen. Os prezos son diferentes, polo que o día de cada andaina pagarase o prezo das entradas aos diferentes elementos que se visiten (os prezos oscilan entre os 2 e os 4 €).
As etapas que están previstas son as seguintes:
5 de xuño : Punto de encontro en Pontedeume (na estación de autobuses) ás 10 de mañá. O bus nos sube ata o Castelo de Andrade (Nogueirosa), que o punto de inicio da andaina. A andaina remata no Torreón de Andrade, onde faremos unha visita interpretada.
12 de xuño : Punto de encontro no Museo Etnográfico de A Capela ( ás 10 da mañá). O bus nos leva ata o punto de inicio da ruta (dependendo de onde vaia comezar a andaina, Cabanas ou Pontedeume). A andaina remata no Museo da Capela, onde faremos unha visita interpretada
19 de xuño: Punto de encontro no Museo Etnográfico de A Capela ( ás 10 da mañá). A ruta remata no castelo de Naraío, onde faremos unha visita interpretada, e despois recollerá á xente o autobús para volver a recoller os vehículos particulares no Museo Etnográfico de A Capela (aproximadamente ás 14.30 h)
26 de xuño: Punto de encontro en Igrexafeita Saída ou no entorno do castelo de Naraío, a andaina remata no castelo de Moeche onde faremos unha visita interpretada. Ás 13.30 aproximadamente nos recollerá o autobús para volver a recoller os vehículos particulares
Estas actividades enmárcanse dentro dos programas de dinamización comunitaria da Asociación Euroeume, que contan co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.