II Premio Enraizadas
Euroeume convoca o II Premio “Enraizadas”. O obxectivo deste premio é fomentar a investigación e presenza de texto escrito sobre a contribución histórica das mulleres ao patrimonio da nosa comarca.
BASES:
- Os traballos versarán sobre o patrimonio cultural inmaterial vencellado á muller e/ou o seu rol, os coñecementos considerados propios, ou prácticas específicas.
- Establécese un único premio dotado de 300€ (suxeitos ás retencións vixentes do 19% por I.R.P.F.)
- Os traballos, que deberán ser inéditos e non publicados nin premiados noutros concursos, redactaranse en lingua galega, coidando o uso dunha linguaxe non sexista.
- A extensión dos mesmos será dun mínimo de 10 folios (mecanografados a dobre espazo e por unha cara) incluídos os documentos gráficos que os ilustren.
- O prazo de presentación remata o 15 de setembro de 2024.
- Os traballos (orixinal en papel e copia CD ou nunha memoria usb, en formato PDF) remitiranse por correo certificado ao Museo Etnográfico de A Capela (O Pazo, s/n, 15613. A Capela). No seu interior deberá presentarse outro sobre pechado no que figurará o nome e apelido do autor/a, asi como o seu enderezo e TLFNO de contacto.
- A resolución do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o 11 de outubro de 2024.
- O premio poderá quedar deserto de non exisitiren traballos de calidade a xuízo do xurado.
- Os traballos premiados, así como aqueles que considere de interese o xurado, publicaranse nun monográfico da revista “O Retorno”. Así mesmo poderá proponerse a presentación dos mesmos en relatorio nas XIX Xornadas Museísticas (que se celebrarán o 23 de novembro) onde se entregarán os premios.
- O feito de participar neste premio presupón a aceptación das presentes BASES.



