I Feira de Entidades da Comarca
Este ano, da man de 20 asociacións, organizamos en Pontedeume a I Feira de Entidades da Comarca, que terá lugar na Casa da Cultura e nos Xardíns da Alameda de Raxoi de 10:00 a 14:00.
O motivo desta feira é dar a coñecer o tecido asociativo que está activo na Comarca, así como as persoas que o configuran e que traballan día tras día ofrecendo á comunidade actividades, recursos e apoio (entre outras moitas cousas!).
Contamos coa participación das seguintes asociacións:
- Asociación Euroeume
- Asociación Custodia do Bosque Atlántico ‘Betula’
- Asociación Estudos Históricos ‘HUME’
- Asociación Amig@s do Mosteiro Monfero
- Asociación Persoas Xordas de Ferrolterra ‘AXF’
- Universidade Rural Paulo Freire do Eume
- Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal
- Asociación Tarde Piache
- Asociación Rede Galega de Sementes
- Asociación Veciñal de Taboada
- Asociación Rural C.
- Colectivo Terra Pontedeume
- Museo Etnográfico de A Capela
- Asociación Micolóxica ‘Viriato’
- Asociación Cultural ‘A Chalana Miño’
- Asociación Veciñal ‘Breamo’
- Asociación Nuestra Señora de Chamorro
- Asociación ‘Cabanas Rural’
- Asociación ‘@migus’
- Asociación Veciñal de Limodre
- Grupo Naturalista Hábitat
Ademáis, a programación está repleta de actividades para as persoas que asistan e participen:
Charlas informativas (Primeira Planta da Casa da Cultura):
- Presentación da Rede Galega de Sementes (11h30)
- Proxecto Comarcal de Loita contra as Velutinas (12h00)
Sorteos e Xincana Infantil “A procura do Tesouro” (13h30 e de carácter presencial, Posto de Organización do Sorteo localizado nos Xardíns da Casa da Cultura):
Sorteo infantil: Se queres gañar o premio do sorteo, só terás que participar na xincana “A Procura do Tesouro”, onde o obxectivo é lanzarse a contestar as preguntas que aparecen no mapa (Solicitao no Posto de Organización do Sorteo!) e encher os recadros coas respostas. Será divertido! Cando esté cumplimentado, só terás que voltar a visitarnos no posto para entregarnos o mapa e para optar ao premio do sorteo:
- Unha cesta con produtos oficiais de cada asociación
Sorteo maiores: Pásate polo Posto de Organización do Sorteo e merca a túa rifa por valor de 1€. Cantas máis rifas merques, máis posibilidades terás de gañar:
- Unha cesta con produtos oficiais de cada asociación
Obradoiros (11h00 a 13h00 na primera planta da Casa da Cultura):
- Obradoiro de realización de Mecos
- Obradoiro creativo de chapas e pegatinas
Todolos materiais están incluídos, así que só terás que traer gañas de pasalo ben e moita imaxinación!
Actuación musical (12h30 no Palco dos Xardíns da Alameda de Raxoi):
Virán a amenizar a xornada as ‘Cantareiras do Piñeiro’. Se queres desfrutar de boa música, xa sabes, é a túa oportunidade para non perdelas!
Exposición de Arte “Presenza” (10h00 a 14h00, con posibilidade de quedar nos vindeiros días, na Planta Baixa, terraza exterior e interior da Casa da Cultura):
Pontedeume acolle dende o 23 de Maio unha exposición de arte, onde a “Presenza” nos invita a quedarnos no presente, a que acudas, a estar no momento.
Teremos o pracer de contar, neste senso, coa presenza dos/as artistas dalgunhas das obras e cunha persoa intérprete de lingua de signos para facilitar o encontro.
Diversos artistas de diferentes colectivos da Comarca se unen para facer posible esta mostra! Non podedes perdela!




