I Feira de Entidades da Comarca
Este sábado 23 de maio, tivo lugar a primeira Feira de Entidades da Comarca, onde participaron 21 asociacións da zona, dando a coñecer e mostrando o traballo que hai detrás de cada organización.
Este tipo de propostas son esenciais para crear rede entre as asociacións e a comunidade.
Foi un día cheo de actividades, charlas, sorteos, música e moita participación cidadá.
Moitas grazas a todas as persoas que viñestes e a todas as asociacións que se animaron a participar e axudar na organización.
Asociacións participantes: Asociación EuroEume, Asociación de persoas xordas de Ferrolterra, Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación veciñal Breamo, Asociación veciñal Limodre, Asociación veciñal Taboada, Colectivo Terra, Asociación Betula, Museo Etnográfico da Capela, Asociación HUME, Asociación Cabanas Rural, Asociación Rural C, Asociación A Chalana do Miño, Grupo Naturalista Hábitat, Asociación micolóxica Viriato, Asociación @migus, Asociación cultural Tarde Piache, Universidade Rural Paulo Freire, Rede Galega de Sementes e Asociación Amigos do Mosteiro de Monfero.
Feira promovida e organizada por EuroEume coa axuda da Asociación veciñal Taboda, Asociación veciñal Breamo, Asociación Rural C, Aosciación Tarde Piache e Asociación Betula.







