I Edición polo Día Universal dos Dereitos da Infancia na Comarca do Eume
20 de Novembro de 2025, Día Universal dos Dereitos da Infancia.
Por esta razón e por primeira vez no noso territorio, Asociación Euroeume organizamos a I Edición conmemorativa na comarca do Eume, onde os grupos participantes celebraron, compartiron, defenderon e reclamaron os seus dereitos ante as representantes das políticas da comarca e xunto coas compañeiras/os doutros centros educativos.
Este encontro supuxo un espazo único onde infancia e adolescencia compartiron directamente a súa visión, traballo e reflexións, deixando claro que as súas voces existen, contan e deben ser escoitadas.
Este acto foi organizado a través do Programa Coidando-nós (Consellos escolares da infancia), enmarcado no Programa Educación Social na escola, mediante o cal, no 2024, adherímonos á Plataforma de Organizacións da infancia de Galicia coa finalidade de facilitar que os centros educativos participantes, puideran sumarse ás propostas lanzadas, dinamizándoas mediante os consellos. A través deste espazo, o curso pasado, posibilitamos a participación do alumnado no Consello Autonómico da infancia e adolescencia, o que supuxo a implicación no proceso para que a voz da infancia escoitárase e que as súas opinións e propostas foran tidas en conta para o desenvolvemento das políticas públicas, ademais de supoñer a presentación dos seus traballos ante distintas representacións e un espazo de convivencia intercentros.
Por segundo ano, Euroeume implícase neste proceso participativo cos tres centros educativos que traballan neste programa, os cales, desta vez, afondaron tres dereitos: o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño traballou o dereito á intimidade, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela o dereito a asociarse e o CEIP Plurilingüe de Andrade dereito á identidade cultural.
A organización desta primeira edición na comarca foi para nos moi especial. Tendo sempre como obxectivo prioritario fomentar a participación social dende a infancia para promover una ciudadanía activa, crítica e implicada nos procesos, cambios e transformación sociais, dende os centros educativos, espazos onde medrar, aprender e con procesos propios é a base deste traballo. Dinamizar e acompañar á infancia nos seus procesos, promover espazos que incentiven a súa participación e escoitar sempre as súas voces é imprescindible.
Grazas á colaboración dos concellos e ás representantes presentes neste acto, así como grazas aos centros educativos implicados neste programa e neste día- sen os cales e os seus maravillosos equipos educativos sería imposible a súa realización- e, sobre todo, grazas ao alumnado da comarca do Eume, trasformamos un pouquiño o mundo, combatemos as inxustizas e defendemos os nosos dereitos dende a nosa comarca.







