Horto escolar e composteiro no CEIP de Andrade

Durante os primeiros meses do ano realizamos unha serie de actividades de sensibilización ambiental no CEIP de Andrade, un proceso que comezou coa realización de charlas co alumnado de todos os cursos do CEIP e que rematou coa posta en marcha do horto escolar.

O proceso comezou coa realización dunhas charlas para a posta en marcha do composteiro escolar, que se alimenta cos restos orgánicos das merendas e os restos vexetais do comedor. Despoisfixemos unha serie de actividades para a realización da sementeira co alumnado de infantil, que teñen o seu propio hortiño vertical con palés reutilizados. Depois preparamos o horto para o alumando de primaria, en caixóns elevados, que construimos coa axuda do alumnado. Esta actividade foi precedida dunha pequena charla para decidir que se iba plantar no horto, tendo en conta a superficie, as variedades da horta de primaveira e verán, os marcos de prantación,…. Tamén estivemos a facer un obradoiro para reutilizar materiais pláticos para a instalación dun sistema de rego por goteo, e finalmente fixemos o transplante da nosa sementeira no horto escolar, dándolles a explicación correspondente de como teríamos que atender as nosas plantiñas.

O proceso rematará o día 3 de xuño, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, no que realizaremos un obradoiro para que o alumnado leve para a súa casa unha pequena bomba de sementes de flores silvestres para que a atendan durante o verán.