Grupo de familias
Baixo a problemática rexistrada da escaseza de recursos e apoio as familias de persoas con discapacidade no rural, este ano enmarcado en noso programa “Capacidade Inclusiva” queremos crear un grupo de familias na Comarca do Eume, para dar apoio e crear rede entre as familias da zona que estean interesadas en participar.
Co obxectivo de crear un espazo de traballo, acompañamento, apoio, coidados e escoita, onde poder compartir experiencias propias, e á súa vez poder fomentar accións de sensibilización na comunidade, mellorando e promovendo, entre todas, espazos onde as persoas con discapacidade poidan participar nos distintos contextos sociais.
Todas as propostas e accións partirán dos temas de interese do grupo, sendo as familias as protagonistas deste programa e do traballo a realizar.
Se queres formar parte do cambio cara a unha sociedade máis inclusiva e diversa, este é o teu grupo.