Fin de curso no Programa de Apoio Escolar de Pontedeume

O pasado 17 de xuño pechamos o programa de Apoio Escolar no concello de Pontedeume. Un total de vintedúas crianzas participaron neste pograma gratuito de apoio educativo impulsado polo Concello de Pontedeume e a Asociación Euroeume, en colaboración con todos os centros educativos de Infantil e Primaria da vila. Este programa desenvolvese grazas ao apoio da Consellería de Política Social desde a convovaroria de axudas para fins sociais financiados ao abeiro dos fondos do 0,7% do IRPF.

Durante estes meses o persoal técnico de Euroeume realizou un traballo de detección personalizada das necesidades do alumnado e de fortalecemento no ámbito curricular e emocional. Foi unha experiencia moi positiva, que terá continuidade durante o verán, como unha actividade de reforzo escolar en horario de mañá e, no caso de volver a contar co financiamento suficiente, tamén durante o curso 22-23.

Na última sesión do programa as crianzas participantes, que xa deixaron atrás os exames de final de curso, tiveron unha xornada festiva á que tamén se achegaron algunhas das familias e as representantes das concellerías de Educación e Servizos Sociais do Concello de Pontedeume