Familias coidadoras

Arrancamos un novo proxecto, chamado “Grupo de coidados”, destinado a familias ou persoas coidadoras de persoas mayores no rural, co fin de crear un grupo onde as persoas coidadoras podan ter unha rede de apoio e un espazo de formación e asesoramento vinculado aos coidados e autocoidados, con encontros repartidos ao longo do ano.

Os obxectivos que perseguimos con este proxecto é:

  • Crear e coordinar grupos de familias e persoas coidadoras de persoas maiores
  • Formar e dar apoio ás familias e persoas coidadoras a través de obradoiros formativos, estruturados en tres áreas: Saber, Ser e Facer.
  • Acompañar ás persoas coidadoras e familias de persoas maiores para mellorar o seu benestar
  • Proporcionar estratexias individualizadas nos domicilios das persoas participantes para asegurar bo coidado no fogar
  • Facilitar o acceso a programas formativos e de sensibilización que aposten polo benestar e a saúde das persoas maiores
  • Fomentar un estilo de coidados e de boas prácticas centrados nas persoas no medio rural
  • Proporcionar accións informativas de adaptación de vivendas, accesibilidade e utilización de medidas de apoio e dispositivos dixitalizados que faciliten os coidados
  • Prestar os apoios necesarios para minimizar as problemáticas derivadas das tarefas dos coidados, promovendo ás persoas coidaroras, a súa plena integración e participación na comunidade

Os encontros serán unha vez cada un ou dous meses, dependendo da demanda do grupo, e as sesións terán unha duración máxima de 2 horas.

Se queres aprender a “coidarte para coidar”, este é o teu grupo.