Exposición de arte “Presenza”
Esta exposición consta de pinturas, esculturas de madeira, ilustracións e figuras de ganchillo, realizadas por artistas de diferentes asociacións de discapacidade da comarca; Asociación Aspaneps, Asociación de persoas xordas de Ferrolterra, Asociación Saúde Mnetal Ferrol, Eume e Ortegal, e Asociación Nuestra Señora de Chamorro.
A exposición estará dispoñible durante dúas semanas na Casa da Cultura de Pontedeume, para que poidades vir a admirar a fermosa arte que se creou nesta sala.
Grazas a todas as artistas e ás asociacións que participaron e axudaron a crear esta exposición.







