Presentación do proxecto “Enraizadas”

O pasado venres, 12 de novembro de 2021, presentouse na Casa Dopeso do concello de As Pontes o proxecto “Enraizdas”. Máis de 50 persoas asistiron a este acto de presentación, que foi clauseurado por María Muiño, Deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, que suliñou a necesidade deste tipo de iniciativas que visibilicen tanto a actividade no rural como o protagonismo feminino das mesmas, instando á asociación Euroeume a loitar pola continuaidade deste proxecto.

No acto presentáronse os 8 videos realizados nesta campaña, protagonizados por nove mulleres, produtoras de seis concellos distintos das comarcas do Eume e Ferrolterra, que teñen algún tipo de vinculación ao sector agroalimentario. Os videos subiranse durante as semanas seguintes a este acto ás redes sociais da Asociación Euroeume, así como na canle de Youtube da asociación.

“Enraizadas” é un proxecto audiovisual de fomento do consumo responsable e de proximidade e de defensa dos valores da igualdade.  Este proxecto foi impulsado por Euroeume en colaboración con Rexenerando (Xestión e producción) e Illa Bufarda (gravación e edición), no marco da  Convocatoria de Subvencións da Deputación da Coruña a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021, FOIO0A/2021, na que a Asociación Euroeume obtivo unha subvención de 11.995,35 €.