Polos dereitos de todas as mulleres, en todos os territorios, este 8M saímos!

Neste ano atípico, dende Euroeume, non queremos deixar de conmemorar o 8 de marzo e  hoxe, máis que nunca, queremos lembrar que sen coidados non hai vida. A pandemia da  COVID-19 vén de poñer de manifesto a necesidade de poñer a vida no centro e por iso, neste  8m, saímos ás rúas e aos balcóns:  

– Polo dereito das mulleres a traballos remunerados dignos e non precarios. As mulleres,  neste ano, atopáronse en primeira liña contra a COVID, ocupando boa parte dos  traballos esenciais que, en moitos casos, son os máis precarizados e invisiblizados. 

– Por un sistema de coidados sostible. A situación de emerxencia sociosanitaria puxo de  manifesto a necesidade de coidar, mais coidar xa non ha de ser cousa só de mulleres.  Neste pasado ano fíxose aínda máis evidente a necesidade de traballar por unha  sociedade corresponsable, na que todas as persoas se involucren nos coidados tanto  das crianzas, como das persoas maiores e dependentes. 

– Polo dereito a unha vida libre de violencias de calquera tipo e en todos os ámbitos da  sociedade. Os sucesivos confinamentos domiciliarios puxeron ás mulleres que sofren  violencia en risco e afastáronas dos recursos de protección, o que se reflicte en datos  como que as chamadas ao 016 acadaran unha das cifras máis altas dende a súa  existencia en maio do ano 2020. 

Polos dereitos de todas as mulleres, en todos os territorios, este 8M saímos!