Curso de Froiticultura en Monfero

O vindeiro 11 de marzo comezará, na parroquia de Taboada, no concello de Monfero, un curso de froiticultura, diurixido a aquelas persoas que queiran iniciarse ou mellorar os seus coñecementos sobre a produción e o coidado das árbores froiteiras.

Este curso, organizado por Euroeume en colaboración coa AVV de Taboada e o concello de Monfero, será impartido por Alberto Varela, unha das persoas fundadoras da Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume e gran coñecedor das variedades locais de froita.

Ao longo do curso, que se vai extender ao longo de todo o ano, abordaranse as cuestións básicas para o manexo das árbores froiteiras en cada época do ano: a plantación, o mantemento, as podas nas diferentes épocas do ano, oenxertado, as pragas e enfermidades máis habituais e os tratamentos para erradicalos, tanto con métodos convencionais como ecolóxicos, e para rematar falarase dos métodos de conservación e transformación das froitas.

Esta actividade, enmarcada no programa de Dinamización comunitaria de Euroeume, desenvolvese grazas ao apoio da Consellería de Política Social desde a convovaroria de axudas para fins sociais financiados ao abeiro dos fondos do 0,7% do IRPF.

Aquí vos deiuxamos o calendario do curso, que pode experimentar algunhas variacións por canto que, como todas as actividades que se desenvolven ao aire libre, pode haber modificacións en función do que dicte a meteroroloxía.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo contactando coa asociación Euroeume a través do correo electrónico euroeume@euroeume.org

datas curso Froiticultura