Conversas Enraizadas en Cabanas: Coidados e Comunidade

A terceira xornada co ciclo de “Conversas Enraizadas” celebrouse o pasado venres, 7 de outubro, no CEIP Eladia Mariño, no Concello de Cabanas. 15 persoas participaron nesta conversa que contou coa participación de Leticia Iglesias, labrega ecolóxica de “Na horta da avoa María” e protagunista dun dos videos elaborados no “Enraizadas 2021”, e de María Xosé Agra, recoñecida docente e investigadora da USC. A temática desta xornada centrouse na temática dos Coidados e a Comunidade. Leticia falou dende a súa experiencia persoal como traballadora do sector primario, nai coidadora dunha pequena de 4 anos e coidadora dos seus maiores, explicando as vantaxes e as problemáticas que se derivan deste rol de coidadoras que tradicionalmente se asigna  ás mulleres. María Xosé Agra explicou as orixes desta dinámica histórica e as problemáticas subxacentes, suscitando un interesante debate entre as persoas asistentes a esta xornada.

Con esta conversa péchase a primeira fase do ciclo, que rematará este venres, 14 de outubro, na casa Dopeso, do Concello de As Pontes, onde comezaremos cunha pequena ponencia por parte de Cynthia Arias, labrega ecolóxica que forma parte da Plataforma Feminista de As Pontes e que foi unha das protagonistas dos videos elaborados no proxecto Enraizadas do ano 2021. Posteriormente realizaremos unha dinámica de grupo para chegar as conclusións do ciclo en cada unha das tres temáticas ecofeministas tratadas en cada unha das conversas, así como tratar de consensuar con persoas e entidades participantes as actividades que conformarán o corpo do programa para o ano 2023. Animádevos a participar, a vosa presencia é importante para enriquecer este proxecto.

Lembramos que esta iniciativa de Euroeume realízase grazas ao apoio das axudas de Igualdade da Deputación da Coruña.