Comeza a campaña de trampeo das velutinas

Coa chegada da primaveira a Vespa velutina, como o resto dos insectos, comeza a súa tarefa de reproducción. A velutina é unha das especies animais recollidas no Catálogo de especies exóticas invasoras. Resulta especialmente dañina para o sector da apicultura, posto que unha das súas víctimas favoritas son as abellas. Tamén ten un impacto importante no sector da froita, a que acoden en masa no final do verán, supoñendo un risco para as persoas que pretenden apañar froita das árbores e para aquelas que sen se decatar pasan polas proximidades dos seus niños.

As velutinas comezan nesta época facendo niños primarios, creados polas raiñas no chan ou nas proximidades dos niños secundarios do ano anterior e de fontes de alimento, polo que é importante trampear neses lugares. Outro aspecto importante de iniciar o trampeo nesta época do ano é que o que imos atrapar son principalmente raiñas, que son as que primeiro comezan co traballo. Se unha raiña cae nas nosas trampas estamos a evitar a construción dun niño secundario, minimizando o seu impacto nesa área.

No video que vos compartimos, elaborado en colaboración coa Asociación Casa do Mel, mostramos unha das receitas para o atraente que colocaremos nas nosas trampas. Esta receita ten os seguintes ingredientes: 5 litros  de auga (morna, para que se disolven mellor o resto de ingredientes), 2 kg de azucre e 50 gr de levadura de panadería. Primeiro incorporamos o azucre e remexemos ata disolvelo na auga morna. Despois incorporamos a levadura e remexemos con forza ata que se disolva. Esta mistura a deixaremos reposar durante 24 horas, sen pechar completamente o recipiente que a conteña, para evitar problemas no mesmo ao fermentar a mistura.

Despois colocaremos a atraente nas nosas trampas, creadas partindo de botellas de plástico, enchendo aproximadamente 1/4 parte das mesmas. Se non queremos atrapar outros insectos, como a Vespa cabra, moscas e outros, faremos un furado de 7 mm no tapón da botella, e outros furados máis pequenos, de 5 mm, na parte superior da botella que conteña o atraente. Estas botellas as colocaremos en árbores con flor, aproximadamente a 1,5 metros de altura, e renovaremos o líquido da botella cada 15 días aproximadamente, ou antes se é que moitas velutinas caeron na nosa trampa.