As actividades englobadas nesta área de traballo oriéntanse cara os coidados, tanto das persoas como da natureza, colocándoos como unha actividade central para a vida e o benestar, e á comunidade, enfatizando a importancia de construir unha comunidade baseada na colaboración e a solidaridades, onde ser recoñezan as necesidades de todas as persoas e se promova a xustiza social e ambiental.

Nesta liña desenvolvemos diversas actividades orientadas á defensa do territorio, a loita contra a contaminación, a organización de redes de coidado comunitario e de promoción dos coidados persoais,…. Algunhas actividades destacadas son:

  • Organziación de actividades formativas para o coidado de persoas con dependencia
  • Organización de obradoiros de alfabetización dixital para maiores
  • Creación de proxectos interasociativos para a creación dunha rede de traballo e coidados comunitarios
  • Proxectos de educación social na escola
  • Actividades de educación ambiental para familias e asociacións
  • Actividades para a cobertura das necesidades básicas para persoas en situación ou risco de exclusión social
  • Actividades para fomentar a integración de persoas migrantes,…