As Festas de Santa Marta, no areal de Cabanas, contaron cun punto de información contra o acoso sexual e a LGTBIAQ+fobia

A Asociación Euroeume, en colaboración co Concello de Cabanas, instalou un punto informativo contra o acoso sexual e a LGTBIAQ+fobia, durante  a celebración das festas de Santa Marta, no entorno da praia da Magdalena.

O obxectivo deste espazo foi concienciar, por unha banda, sobre as prácticas que constitúen acoso sexual contra as mulleres, e que inclúen os comportamentos verbais, non verbais e físicos non desexados de índole sexual, co propósito de atentar contra a  dignidade dunha persoa. e por outra banda para sensibilizar e concienciar á poboación sobre a violencia exercida sobre a comunidade LGTBIQA+ que, segundo os informes do Ministerio do Interior, constitúe un dos motivos que máis delitos de odio provocan no noso país.

O punto informativo estivo dispoñíble durante os concertos nocturnos do venres e do sábado ao carón da carpa principal, e o atendeu persoal de Euroeume formado en igualdade, e ofreceuse diverso material informtivo sobre estas temáticas, que se pode atopar na sección de descargas desta páxina.

Esta foi a primeira vez que realizamos esta actividade, pero xa estamos en conversas co concello de Pontedeume para a instalación do punto durante as Festas da Peras. Os concellos, entidades ou centros educativos que teñan interese un instalar un punto nas súas celebracións, ou realizar algunha actividade relacionada coa sensibilización e concienciación sobre estas temáticas poden contactar connosco a través do correo electrónico igualdade@euroeume.org

 

 

Go to Top