Arranca “Territorio de familias”

Dende Euroeume, entendemos que o desenvolvemento sostible do medio rural tan so será viable se leva asociado un territorio vivo e dinámico.

Os obxectivos de Territorio de Familias, son os de por en marcha procesos participativos que contribúan a que as familias se convertan en protagonistas das dúas experiencias de lecer, garantindo o seu goce en condicións de igualdade, ademáis de recuperar e revalorizar a identidade comunitaria, e promover o coñecemento do territorio e o seu patrimonio natural e cultural.

Presentamos a través deste programa unha oferta de lecer dirixida e adaptada a familias, no que se porán en valor os recursos naturais e patrimoniais dos distintos concellos da comarca.

Consulta aquí o programa completo