Áreas de traballo
A asociación traballa por un desenvolvemento sostible baseado nas potencialidades do territorio que, ademáis da dimensión económica, contemple o benestar social e a conservación da natureza, partindo dunha perspectiva ecofeminista. Entendendo que as dimensións ecolóxica e feminista son imprescindibles para transformar a concepción e a xestión do territorio e para reorganizar os tempos da xente.
Desde esta perspectiva o plan de acción da entidade céntrase en tres áreas de traballo: A Soberanía alimentaria, a Custodia do territorio, e os Coidados e Comunidade, dentro das que se engloban todos os proxectos e actividades que realiza Euroeume, sempre orientadas á poboación do territorio. De xeito transversal o noso proxecto Enraizadas está a guiar o marco onde nos movemos á hora de desenvolver as distintas actividades dentro destas liñas principais.
Coidados e Comunidade
A área de Coidados e Comunidade céntrase en proxectos orientados á dinamización comunitaria, tanto das persoas como das entidades, á recuperación e conservación dos saberes e da memoria do territorio, do empoderamento das persoas e das entidades do territorio, e dos autocoidados das persoas e das entidades
Igualdade
A igualdade é un eixo transversal nas áreas de traballo de Euroeume. Dunha parte co proxecto "Enraizadas", que articula as liñas de traballo da entidade; e doutra parte a través dos Puntos Violeta Arcoiris, co que buscamos elaborar materiais de sensibilización, achegar información e visibilizar as violencias machistas e os delitos de odio cara a comunidade LGTBIQ+, colaborando con distintos colectivos, en distintos formatos e lugares.





