Aprobadas as axudas de Igualdade da Deputación da Coruña para “Enraizadas 2026”
O pasado 7 de maio publicouse no BOP a resolución definitiva da concesión das axudas do programa para o mantemento de programas en políticas de xénero para o ano 2026.
A nosa asociación será beneficiaria dunha axuda de 13.361,31 € para o desenvolvemento das actividades do programa “Enraizadas 2026”.
O programa deste ano, que continúa a traballar as temáticas centrais do ecofeminismo, centrarase nos aspectos dos “Coidados e a comunidade”. O programa contempla a realización dunhas Xornadas, que se van centrar en visibilizar o papel da muller no mundo rural. Tamén se lle vai dar continuidade ao proxecto escolar “Enraizadas”, tanto con centros de educación primaria como de secundaria, a desenvolver na primeira parte do ano 2026 e tamén no inicio do curso 26-27. Ademais o progrma contempla o traballo de sensibilización e intervención contra a violencia de xénero e os delitos de odio contra a comunidade LGTBIQ+.



