Aprobadas as axudas de Igualdade da Deputación da Coruña para “Enraizadas 2025”
O pasado 8 de abril publicouse no BOP a resolución definitiva da concesión das axudas do programa para o mantemento de programas en políticas de xénero para o ano 2025.
A nosa asociación será beneficiaria dunha axuda de 9402.24 € para o desenvolvemento das actividades do programa “Enraizadas 2025”.
O programa deste ano, que continúa a traballar as temáticas centrais do ecofeminismo, centrarase nos aspectos da “Custodia do Territorio”. O programa contempla a realización dunhas Xornadas, a desenvolver en As Pontes e Pontedeume, que se van centrar nas temáticas do marisqueo a pé, do monte e da agroecoloxía. Tamén se lle vai dar continuidade ao proxecto escolar “Enraizadas”, tanto con centros de educación primaria como de secundaria, a desenvolver na primeira parte do ano 2025 e tamén no inicio do curso 25-26. Dentro do proxecto escolar, como continuación do traballo ralizado nos centros escolares no ano 2024, tamén se contempla a publicación dun fanzine cos contidos elaborado polo alumnado dos centros educativos que participan no programa.



