Aberto o prazo de inscrición para os cursos de Competencias Clave Nivel II en Pontedeume e Monfero
A Asociación Euroeume, en colaboración cos Concellos de Pontedeume e Monfero, está a organizar sendos cursos para a preparación da proba de “Competencias Clave Nivel 2’’ (Lingua castelá, lingua galega e matemáticas).
Os cursos comezarán no mes de xaneiro e estenderanse ata o mes de xuño, data na que xeralmete se convocan os exames. No concello de Monfero a formación realizarase os martes pola mañá nas instalacións da Cámara Agraria, mentres que no de Pontedeume será en horario de tarde, con día e lugar aínda pendente de confirmar.
A superación da proba de Competencias Clave II permitirá acceder ás accións formativas dos Certificados de Profesionalidade nivel 2.
As persoas interesadas poden contactar durante o mes de decembro cos departamentos de servizos sociais dos concellos para formalizar a súa inscrición.