2º Encontro de Asociacións do Eume

O vindeiro 5 de decembro, no local da Asociación Veciñal As Campeiras (Rúa Covelos – As Pontes), celebraremos o  “II Encontro de Asociacións”.

Os “Encontros de Asociacións” xurden da necesidade de fortalecer o tecido asociativo da comarca, e co obxectivo de valorizar as relacións entre asociacións, para coñecernos máis e poder participar en procesos conxuntos, colaborando entre nós.

Neste segundo encontro, tralas conclusións extraídas do primeiro, xunto coas reflexións xurdidas das conversas entre entidades, queremos celebrar o día internacional do voluntariado reflexionando sobre cuestións que a todas as asociacións nos preocupan. A falta de relevo xeracional nas nosas entidades, así como a falta de persoas que queiran participar activamente e de xeito voluntario.

17:30h. – 18:30h. A xornada comezará coa conversa con José Atilano Pena López, e José Manuel Sánchez Santos, do grupo de investigación OSIM (Organizacións Sociais, institucións e mercados), quenes nos axudarán a poñer en contexto e dar perspectiva ao futuro do asociacionismo, analizando as ameazas e retos na nosa comarca.

18:30h. – 19:00h.Trala conversa, presentaremos o libro “Arredor do Rural: Comunidade de Saberes e Innovación Socio-educativa”. Libro no que se recollen experiencias agrupadas en torno á rede de arredor do rural.

19:00h.- 19:30h. Pecharemos a xornada, tratando de materializar as accións que deberían guiar os seguintes encontros.

Para facilitar a organización do encontro, sería de moita utilidade cubrir este pequeno formulario que achegamos a continuación:

https://forms.gle/BbGQhxSPQ5J6onWU8