Rede Natura 2000 Ortigueira - Mera

 

 

 

A Ría de Ortigueira inclúe boas representacións de praderías de algas mariñas (seba) e notables extensións de xuncais.

Presenta un sistema dunar en moi bo estado de conservación. Por outra parte chega a albergar máis de 5.000 aves acuáticas invernantes, entre as que destaca, con máis de 500 individuos, o mazarico curlí que ten nesta localidade a súa principal área de invernada do noroeste peninsular.

O río Mera é un discreto curso fluvial con fraga de ribeira en moi bo estado de conservación. Este río nace no concello das Somozas, facendo as veces de límite oriental do mesmo.

 

Voltar Pechar