|
|
Mosteiro de Monfero |
|
|||||||||
|
O mosteiro de Monfero constitúe un dos mellores exemplos da vida monacal en Galicia, e a súa Historia é unha das mais ricas en contidos de todo o territorio. O Mosteiro foi fundado polos monxes beneditinos no ano 1135 baixo o reinado de Alfonso VIII, para despois pasar a Orde do Císter baixo a xurisdicción dos Monxes de Sobrado. A enorme extensión dos seus dominios, que abarcaban dende Ortigueira ata a cidade de Betanzos, dan boa mostra do poder político, económico, social e cultural tiña o cenobio. Dentro do conxunto arquitectónico cabe destacar a orixinal fachada barroca da Igrexa, construida entre 1622 e 1656. O feito que fai única esta fachada é o axedrezado dos sillares, que alterna cadros de granito e pizarra enmarcados por columnas e dúas pilastras con capiteis corintios que se elevan ata a cornisa superior. No interior, ademais do retablo en pedra da Virxe da Cela, construido en 1666, merecen especial atención os sartegos dos Andrade, que datan do século XV, sendo anteriores ás renovacións que sufriu a igrexa nos anos 1550 e 1620. Os dominios de Monfero medraron a través de doazóns e privilexios de nobles e monarcas. A xestión deste basto patrimonio facíase ao “modo cisterciense”, onde era fundamental a xestión agraria a través de células básicas de xestión chamadas granxas. Estas doazóns non se facían de xeito inocente nin gratuito, senón co obxectivo de asegurarse o favor eterno na vida celestial, e dunha banda máis mundá evitar posibles roces co poder eclesiástico. O mosteiro de Monfero tamén se coñece como Mosteiro da Virxe da Cela. Este nome venlle dado porque, segundo se recolle no Tumbo de Monfero, a Virxe da Cela obrou a miragre de desendiañar unha moza poseída que non atopara en ningún outro santuario remedio para o seu mal. As referencias ás miragres obradas no contorno de Monfero veñen de vello, pero sen dúbida o que máis destaca é a presenza dunha fonte miragreira que posuía poderes curativos. A elección do emprazamento tiña coma cerne a existencia dun abundante manancial de auga preto del, isto en ocasións viña acompañado da sacralización do lugar. Isto reforzábase coa presenza no sitio dunha fonte de auga milagreira, o que confería máis sacralidade ao recinto.
|
|